Eco-Reto “INVESTIGAMOS”

No mes de novembro aproveitamos para darlle fin a unha actividade iniciada o curso pasado na que o paso do tempo tivo que ser o noso aliado para poder rematala: o estudo das árbores do noso patio nas distintas estacións do ano.

 Foi un traballo no que interveu todo o alumnado do centro. A cada clase asignáronselle unhas especies que tiveron que buscar, observar cambios estacionais, estudar follas, tronco, flores e froito, se era o caso, tiveron que fotografalas e debuxar as súas partes visibles e, por último, identificar cuns carteis. Tamén aprenderon as súas principais características ou certas curiosidades que despois plasmaron no seu traballo.

Os máis pequenos, ademais de as súas árbores e darlles mimos a través de longos abrazos, fixeron os gravados das follas de todas as especies do cole. Pola contra, os cursos maiores de primaria asumiron parte do traballo das árbores dos nenos e nenas de Educación Infantil.

Foi unha gran tarefa da que todos e todas aprendemos, resultando moitas veces ser os nenos e nenas os verdadeiros mestres.

Con toda a información traballada elaborouse unha guía das árbores do patio que poderedes ver proximamente. Ata ese momento botádelle un ollo ao seguinte vídeo no que se ve unha pequena mostra do traballo realizado. 

Esperamos que vos guste.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.