A HORTA DE OUTONO

 Como non podía ser doutra maneira, o alumnado máis pequeno do centro púxose mans á obra ao comezo do curso. Unha vez tiveron recollidos todos os froitos do curso pasado era o momento de comezar coa súa horta de outono. Houbo moito traballo por diante, traballo ben encamiñado e dirixido polas mestras de Educación Infantil. Tamén se botou man de Antonio, que sempre está disposto a axudar e pendente de todo o que precisamos, e do persoal de cociña, que aportaron os seus valiosos coñecementos e tempo.

Con todo este equipo humano, as ilusións dos nenos e nenas de infantil e un pouco de sol, as verzas saíron adiante de maneira sorprendente. Pero non só se centraron en plantar e esperar, houbo moito máis traballo. Estiveron pendentes de se precisaban ou non ser regadas, acolcharon a terra, prepararon auga con sal na súa correcta proporción para apartar ás limachas e que collesen máis vigor as plantas e ademais, xa dentro das aulas, investigaron sobre unha nova col que plantamos este curo: o kale.

Todo un proceso que durou meses, no que o alumnado aprendeu sobre a necesidade de esperar fronte a inmediatez á que estamos acostumados, sobre a importancia dos coidados e sobre alimentación, botánica e agricultura ecolóxica, entre outras. Non se trata só de manter unha horta, trátase de algo máis grande, trátase de traballar unidos formando parte dun equipo no que todos e todas somos igual de importantes para a consecución dun obxectivo común.





Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.