Entradas

IGLÚ VEXETAL

Imagen
 O curso pasado quedáranos pendente montar o iglú vexetal, actividade que quixemos rematar este ano. Enseguida vimos unha oportunidade para que o noso alumnado puidese aprender novos contidos, neste caso matemáticos. Durante o primeiro trimestre levaron a cabo a maqueta do que ía ser a aula vexetal. Foron moitas as tarefas que houbo que facer, moitos cálculos ademais do traballo manipulativo que supuxo. Era a primeira vez que escalaban, que tiñan que levar a unha pequena superficie o proxecto que máis tarde farían real no patio do centro. Foi un traballo importante para eles e elas, poder materializar a estrutura viva do proxecto LUPO que acababan de construír, un anaquiño deles e delas quedaría para sempre nese lugar do centro. A montaxe tivo lugar en dúas fases, nunha primeira, facéndoa coincidir co bo tempo outonal, e unha segunda, que se levará a cabo na primavera, coa fin de conseguir que prendan a maior parte dos vimbios. A ver se hai sorte!

COMPOSTAXE

Imagen
 Este ano, no mes de decembro, veunos visitar un mestre para ensinarnos a sacarlle o mellor rendemento ao composteiro. Tivemos unha charla dirixida ao profesorado e ao persoal do centro. Ao ser unha escola con cociña propia, son moitos os restos que se xeran diariamente e que podemos aproveitar para obter unha materia excelente para enriquecer os nosos cultivos. Ademais de explicalo todo dun xeito moi ameno, respondeu a todas as nosas dúbidas e aconsellounos para poder obter compost de calidade. Para tal fin fixéronnos entrega dun composteiro que situamos preto da cociña por dúas razóns: facilitar o traballo da tirada da materia orgánica e, por outra parte, poder contar con compost para a horta de infantil, dada a proximidade desta. Agradecer, de antemán, a colaboración do equipo de cociña e do noso conserxe, que sempre están dispostos a axudarnos. Todo o alumnado do centro tamén levou información para as súas casas para poder solicitar un composteiro ao concello. Esta iniciativa e...

UN MAGOSTO DIFERENTE

Imagen
 Este ano tocou facer un magosto distinto pero démoslle unha volta ben interesante. Temos a sorte de contar cun patio no que temos o noso propio souto, e iso había que aproveitalo. Decidimos acercar ao noso alumnado o xeito de recoller as castañas que tiñan os seus maiores, regalándolles para facelo palabras como petelo, peteladoira, carabelo, escudir, baloira ou sequeiro. Foi moi divertido vivenciar desta maneira a recollida das castañas, actividade que os nenos e nenas do centro fan cada ano no outono, aínda que o fixeron dun xeito diferente. Con todas as castañas recollidas xa se podía facer o magosto. Non nos puidemos xuntar con outros cursos pero, mantendo a pequena burbulla da clase, gozamos das castañas asadas nun San Martiño diferente.

Voz Natura premia a “guerra ao plástico” do CEIP Santa Rita de Galdo

Imagen
 No CEIP Santa Rita estamos felices por este premio porque significa o recoñecemento a un traballo feito durante anos por toda a Comunidade Educativa. O curso pasado foi un curso moi duro, no que todos e todas tivemos que esforzarnos para sacar adiante moitos dos obxectivos propostos. Desde o equipo de Voz Natura sabemos que isto sería imposible sen o esforzo dos nenos e nenas do noso centro, que se implicaron en todas as actividades que lles propuxemos, e das súas familias, que se involucraron co proxecto, tanto de maneira presencial como durante o confinamento. Tampouco nos esquecemos do persoal do centro, en especial de Antonio, que nos axudou a materializar moitas das ideas que nos viñeron á cabeza, e que o segue facendo a día de hoxe. Neste proxecto, tamén contamos coa axuda de entidades da nosa contorna, participando conxuntamente con centros da localidade en diversas iniciativas como foron o “Globo de Marruán” ou unha canción pola defensa do medio mariño, truncadas ambas pol...

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Imagen
  Como cada ano a partir de novembro, no centro levamos a cabo experimentos relacionados co proxecto do ano. Coa experimentación estimulamos a curiosidade dos nenos e nenas, dándolle as ferramentas necesarias para aprender facendo. O proxecto deste ano, “Porque un camiño mellor é posible” está intimamente relacionado cos bosques, coa paisaxe, coas árbores,... Por iso decidimos levar a cabo experimentos que estiveran relacionados co iso, co noso camiño, cos elementos que nos imos atopando nel: coa terra que pisamos, co tempo atmosférico, coas plantas e árbores,... En fin, decidimos experimentar con todo aquilo co que nos podemos atopar nun sendeiro. O, primeiro dos experimentos que levamos a cabo foi o da piña. Todos os cursos puideron observar que era o que lle pasabas ás piñas cando se mollan ou se humedecen. Puideron comprobar se as súas hipóteses eran erróneas ou non.