COMPOSTAXE

 Este ano, no mes de decembro, veunos visitar un mestre para ensinarnos a sacarlle o mellor rendemento ao composteiro. Tivemos unha charla dirixida ao profesorado e ao persoal do centro.

Ao ser unha escola con cociña propia, son moitos os restos que se xeran diariamente e que podemos aproveitar para obter unha materia excelente para enriquecer os nosos cultivos. Ademais de explicalo todo dun xeito moi ameno, respondeu a todas as nosas dúbidas e aconsellounos para poder obter compost de calidade.
Para tal fin fixéronnos entrega dun composteiro que situamos preto da cociña por dúas razóns: facilitar o traballo da tirada da materia orgánica e, por outra parte, poder contar con compost para a horta de infantil, dada a proximidade desta.
Agradecer, de antemán, a colaboración do equipo de cociña e do noso conserxe, que sempre están dispostos a axudarnos.

Todo o alumnado do centro tamén levou información para as súas casas para poder solicitar un composteiro ao concello. Esta iniciativa está enmarcada dentro da campaña de compostaxe doméstica que forma parte de “Viveiro Sustentable”, iniciativa de concienciación sobre medio ambiente e o cambio climático posta en marcha polo concello de Viveiro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.