A horta de infantil no primeiro trimestre.

 Igual que pasou no invernadoiro, o verán foi unha gran oportunidade para que as pequenas herbas que nacen na horta de infantil crecesen e conquistasen ese espazo. Pero isto non foi algo que parase ao alumnado e as mestras desta etapa. Pouco a pouco, paseniño, como se fan as cousas cando se ten todo o tempo dun por diante, foron dándolle forma aos seus bancais.

Como cada ano aprovéitase esta actividade para afondar nalgúns contidos de Ciencias Naturais: as partes da planta, a súa alimentación, a importancia doutros seres vivos que habitan no bancal, ... Cando se ten información sobre un proceso, isto fai que se entenda, se interiorice e se aprenda a respectalo e valoralo, non hai nada como poder aprender facendo.
É un privilexio poder compartir estes momentos cos nenos e nenas de infantil.
Botade un ollo ao seguinte vídeo e poderedes revivilos con nós.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.