Un Entroido sostible.

 Como levamos facendo dende hai unha anos, este curso o noso entroido foi levado a cabo dun xeito sostible. Deixamos de lado ao plástico, para darlle un gran peso á reciclaxe. Por unha banda estaba o feito de ter o cartón como materia prima ao noso alcance, o que fixo que puxésemos o ollo neste material. Pola outra, querer darlle peso á nova biblioteca animounos a enfocar a temática cara a ela. Estas dúas circunstancias converxeron nun Entroido respectuoso co medio no que puxemos en alza o valor do traballo feito con este novo espazo.


Cada curso centrouse nunha das categorías da CDU da biblioteca (Clasificación Decimal Universal para as bibliotecas escolares) buscando un disfrace que se adaptase ao alumnado e á temática elixida. Ademais, o feito de ter que pensar nas formas que nos ofrecían as caixas de cartón, fixo que a elección do tema resultase un pouco máis complexa.


Temos que dicir que non deixamos de lado a costura. Dúas das clases priorizaron esta maneira de traballar que tanto nos gusta na elaboración do seu traxe. Nunha delas coséronse xornais vellos, na outra elixiuse a tea como materia prima, aínda que parte do disfrace tamén se centraba en materiais reciclados. 

A mestura de todo o anterior tivo como resultado unha historia ben tola que poderedes ver no vídeo. 



Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.