EcoReto.Investigamos.

Durante o mes de novembro celebramos o mes da Ciencia en Galego. Este feito aproveitámolo para poñer a andar as nosas investigacións por aula, o club de Ciencia e outros retos que se presentan no centro para que o alumnado poida investigar sobre eles.

Este ano seguimos traballando coas nosas árbores, houbo que descubrir cales eran as tres árbores que temos no patio que non aparecen na guía que fixemos nos cursos anteriores. Pero ademais disto, tamén nos interesamos pola auga que gastamos a diario na nosa ducha, polas distintas maneira de plantar e a importancia da auga neste proceso, investigamos o comportamento das sementes na terra ou comprobamos que lle pasa á auga subterránea cando se empregan certos produtos nos cultivos, produtos que poden ser prexudiciais para a nosa saúde e a do medio. Este é un pequeno adiando das experiencias que poderedes ir seguindo na nosa páxina. 



Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.