EcoRETOS. Reutilizamos


 Este ano estamos ben empeñados en non malgastar, en botar man do que xa temos e aprender a darlle unha segunda vida. Con tal fin, para celebrar o Samaín no centro propúxoselles ás familias que fixesen os disfraces dos seus fillos e fillas con roupas ou complementos que xa houbese pola casa. Houbo quen armou o disfrace xuntando as prendas axeitadas, outras persoas descoseron, racharon ou pintaron, tamén houbo quen coseu ou empregou a tea para darlle unha boa volta e converter unha prenda nalgo totalmente distinto.

Do que si estamos seguros é que levar a cabo pequenos retos como este fai que os nenos e nenas lle dean valor ao que xa teñen, que aprendan que non é preciso desbotar todo e que non sempre é necesario mercar. Cando reutilizamos, ademais de traballar a concienciación social, dámoslle liberdade á nosa imaxinación para que cree dun xeito divertido.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.