Saída para a limpeza do río Landro

 O 26 de outubro unímonos ao programa de voluntariado ambiental creado e promovido por PRATO_DO. Nesta iniciativa distintos centros da vila cooperamos para manter limpa a nosa contorna, indo da man de Lucas Requejo e sendo acompañados por voluntarios, nesta ocasión por Chema e Ana.

Facer saídas para limpar a natureza, no noso caso as beiras do río Landro ao seu paso por Portochao e as súas proximidades, é algo máis que o feito de recoller lixo. Tentamos que os nenos e nenas sexan conscientes da gran cantidade de residuos que se van atopando durante o paseo e que, ademais de limpar, se esperte neles unha conciencia de protección do medio. É necesario que todos e todas nos vexamos como axentes de cambio, non se trata de ver como o fan outros ou quedarnos fóra detrás dese “eu non podo cambiar as cousas”. E iso mesmo foi o que nos mostraron estas grandes persoas de terceiro e cuarto de primaria. Non repararon no seu tamaño nin na súa idade, puxéronse mans á obra e retiraron máis de 40 kilos de lixo que deixaron de formar parte da paisaxe.

Agora comezará a segunda parte desta aventura, haberá que analizar o atopado e darlle forma para reconvertelo nunha obra artística que simbolice esta problemática.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.