Investigamos con Galdiño

Queridos nenos e nenas:

Durante o mes de novembro imos darlle á investigación. Traballando de maneira conxunta cos equipos de Biblioteca Escolar, Club de Ciencia, equipo de Dinamización da Lingua e Voz Natura, vou propoñervos unha serie de retos para que todos e todas lle deades ao coco.

Axudados polos vosos mestres e mestras teredes que ir demostrando os coñecementos de botánica que tedes e a vosa pericia como investigadores e investigadoras.

Estade cos ollos ben abertos e ídelle botando algunha que outra mirada ás árbores do patio.

Non deixedes de lado a vosa Guía das Árbores, ides ter que botar man dela para poder resolver algunha das incógnitas que vos imos propoñer.

Pero ademais destes retos que irán aparecendo polos corredores de Educación Infantil e Educación Primaria, levaremos a cabo experimentos moi relacionados coa Natureza. Despois teredes que contarlles aos demais nenos e nenas do cole o que aprendestes. Estade ben atentos e atentas!

Unha aperta,

Galdiño

Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.