EcoRETOS

Seguindo o iniciado o curso pasado, este ano sumámonos de novo aos EcoRETOS propostos dende Voz Natura. Son unha serie de retos que, dun xeito ou doutro xa vimos facendo cada ano, simplemente sería deixar constancia de algo que xa efectuamos ou, pola contra, de iniciativas que queremos poñer en marcha este curso escolar.
Para o mes de outubro falamos de accións que vimos realizando dunha maneira respectuosa co medio ambiente, trátase de pequenos feitos que todos e todas podemos incorporar ao noso día a día, tendo estes unha gran repercusión sobre a Natureza.
O alumnado de quinto de primaria quixo deixar unha pequena mostra destas obras que podemos converter en hábitos saudables tanto para a nosa economía doméstica como para o planeta Terra.

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.