Análise do lixo recollido na ribeira do Landro.

 O luns veunos visitar de novo Lucas Requejo. Esta vez tocaba analizar os 41,8 quilos de lixo que xa tiñamos recollidos. É importante coñecer que cousas imos tirando por aí sen ton nin son. Para o alumnado de cuarto e terceiro foi revelador ir vendo como moitos elementos cos que eles e elas están familiarizados rematan en calquera beira, pasando a formar parte dun entorno que non lles pertence. Viuse a importancia de erradicar este mal costume tan adquirido polo ser humano, tanto pola nosa saúde como pola dos propios animais que viven nese hábitat.

Ademais desta análise tratáronse temas como a diferencia entre reciclar e reutilizar e a importancia de empregar a imaxinación para poder darlle unha segunda vida a obxectos que xa non nos serven para o que os mercamos e que, doutro xeito, irían parar ao lixo.

Exemplos disto último foron as cancelas de somieres ou nas bañeiras-bebedoiros que nos encontramos.

Co lixo atopado fíxose unha selección. Escolleuse aquilo máis salientable para poder crear algo, unha obra escultórica que nos lembre que este problema ten unha solución ben doada que pasa pola concienciación de todos e todas e o noso bo facer.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.