Análise do lixo recollido na ribeira do Landro.

O luns veunos visitar de novo Lucas Requejo. Esta vez tocaba analizar os 41,8 quilos de lixo que xa tiñamos recollidos. É importante coñecer que cousas imos tirando por aí sen ton nin son. Para o alumnado de cuarto e terceiro foi revelador ir vendo como moitos elementos cos que eles e elas están familiarizados rematan en calquera beira, pasando a formar parte dun entorno que non lles pertence. Viuse a importancia de erradicar este mal costume tan adquirido polo ser humano, tanto pola nosa saúde como pola dos propios animais que viven nese hábitat. Ademais desta análise tratáronse temas como a diferencia entre reciclar e reutilizar e a importancia de empregar a imaxinación para poder darlle unha segunda vida a obxectos que xa non nos serven para o que os mercamos e que, doutro xeito, irían parar ao lixo. Exemplos disto último foron as cancelas de somieres ou nas bañeiras-bebedoiros que nos encontramos. Co lixo atopado fíxose unha selección. Escolleuse aquilo máis salientable para p...