Magosto

 Cada ano por estas datas celebramos o magosto, agasallándonos cunhas castañas ben saborosas que Luís nos asa na súa panadería. É unha festa na que todos e todas gozamos da literatura popular que hai sobre o tema, da música, dos xogos populares e deste froito de outono que tanto nos gusta.

Para poder transportar as castañas quentiñas e non queimarnos as mans nin ilas sementando polo patio, todas as clases fan os seus recipientes elaborados a partir de materiais reciclados: botellas de plástico e cartóns de leite son a materia fundamental para facer uns bos colectores. Pero, ademais de todo isto, decidimos adornamos ben as cabezas empregando a folla do castiñeiro ben como materia principal da elaboración, ben como parte do adorno. A verdade é que os castiñeiros do souto dannos moitas alegrías!



Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación do proxecto.

Rematando a tempada.

5 de xuño. Día Mundial do Medio Ambiente.