“Botando una ollada á nosa pegada”

 Como vimos facendo dende hai uns anos, aproveitamos o día da conmemoración das Bibliotecas Escolares para dar a coñecer á Comunidade Educativa a liña de traballo a seguir dende Voz Natura nese curso académico.

Este ano podemos dicir que esta presentación foi dobremente especial. Por un lado fixemos entrega aos titores e titoras da guía das árbores feita nos cursos anteriores, guía da que estamos ben orgullosos e, polo outro, presentamos o proxecto en si.

Mostramos ao alumnado do centro pequenas pinceladas sobre o que van a aprender neste curso. Conceptos como a sustentabilidade ou pegada ecolóxica comezan a resoar en moitas cabezas. E, como veredes no vídeo que tedes a continuación, aínda que non saiban que significan exactamente estas dúas nocións, si teñen algunhas ideas ben claras sobre o que facer, sobre todo cando isto repercute no peto de cada quen ou no coidado do medio.

Esperamos que, durante estes meses de traballo, o alumnado do centro e o resto da Comunidade poidamos ter unha ruta a seguir ben marcada, onde o respecto polo medio e por nós mesmos e mesma sexan a nosa prioridade.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.