Gorros de folla de castiñeiro.

 O alumnado de sexto de primaria este curso fixo un gorro do máis natural e sustentable: un gorro feito coas follas do castiñeiro. Seguindo o libro de Xosé López González e José M García Fernández “Xoguetes naturais. Argalladas dos pícaros”, e guiados polo seu mestre foron quen de coser as follas do castiñeiro coas agullas do pino, conseguindo desta maneira unha monteira ben xeitosa.


Tendo en conta que contamos no noso souto con varios castiñeiros, e que estamos por moita zona verde onde hai piñeiros, non nos podemos imaxinar un gorro máis sustentable e respectuoso co medio ca este, ao tempo que coa súa confección se traballou a comprensión, a concentración e atención e a motricidade, unha marabilla!
Podedes ver algúns momentos da súa montaxe no seguinte vídeo, aínda que estaría ben que nos explicasen o proceso paso a paso, non si?


Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.