Un Samaín de medo!

A festa de Samaín foi ben distinta. Tivemos un pouco de todo, dende boa literatura ata seres deliciosamente arrepiantes. Esta celebración de final de verán, onde o bo tempo nos foi acompañado para ir despedíndose e dar comezo á nova estación, durounos toda a semana. E a verdade é que non era para menos. Non se pode nun só día sintetizar todo o que viñemos facendo nesta divertida xornada de 5 días ben intensos nos que, dun xeito ou doutro, toda a Comunidade Educativa estivo moi involucrada. Comezamos a semana co descubrimento do noso cemiterio para contos. Nun lugar especial do noso centro, alí onde os contos descansan debaixo dos castiñeiros, os nenos e nenas tiveron que ir a resucitar a historia que querían compartir na súa hora de ler, deu arreguizo escoitar o que esas letras acabadas de desenterrar nos ían contando. Pero o tempo de lectura non rematou aí. Tamén se aproveitou a hora de ler para os apadriñamentos lectores, onde o alumnado dos cursos ...