Eco-Reto “CONCIENCIAMOS”

Desde fai anos vimos concienciando a toda a Comunidade Educativa sobre o emprego excesivo que facemos dos materiais plásticos dun só uso fronte aos reutilizables, ben sexan dun plástico máis respectuoso e saudable, ben sexan de vidro, porcelana, metais, ou outros.
O curso pasado comezamos a facer varias campañas con tal fin, perseguindo 2 obxectivos intimamente ligados: a nosa saúde e a do Medio Ambiente. En concreto, esta campaña non chegou a ver a luz, pero parecíanos sumamente importante retomar ese camiño, polo que nos puxemos mans á obra, ampliando con outras que se están a traballar no centro cos cursos máis altos.
Apostar pola saúde desde esta perspectiva ampla debería converterse nun obxectivo primordial para cada institución, comunidade, sociedade,..., tal e como se reflicten nos
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible propostos pola ONU. Seremos quen de acadalos no 2030? Aí queda o noso grao de area.




 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.