Comezamos!. Presentación do proxecto.

 Como cada ano chegamos ao centro cheos de ilusións, de ganas de aprender dos demais, coa emoción posta nos reencontros ou, nalgúns casos, nas novas amizades. Botamos unha mirada ao xa vivido e poñemos as expectativas no que temos por vivir.

Neste curso académico pasado e futuro estarán intimamente relacionados. Queremos botar unha ollada aos 25 anos percorridos polo centro, facendo desa o noso día a día. Iremos pescudando sobre o camiño andado polo centro, sobre as persoas que pasaron por el ou polas que aínda estamos, iremos investigando sobre os logros, as adaptacións feitas, os cambios da contorna ou da paisaxe do centro, sobre a vida das árbores do noso patio, coas que estamos intimamente ligados, sobre todo aquilo que forme parte da nosa esencia.

Este será un curso de descubrimento do pasado, pero un descubrimento que nos faga entender o momento no que estamos e que nos leve ao lugar a onde queremos chegar. Temos por diante toda unha aventura da que, esperamos, toda a Comunidade Educativa sexades partícipes.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.