A recolleita.

 

O verán é sempre unha explosión de vida nas nosas hortas, tanto na de infantil como dentro do invernadoiro. O bo tempo e a auga que lles chega gota a gota acompaña ao crecemento dos produtos que temos plantados.

Cando o alumnado pisa as aulas en setembro leva sempre unha grata sorpresa ao descubrir os froitos maduros das plantas que eles e elas estiveron coidando.

Por fin o momento esperado, hai que apañar os froitos dun traballo feito con tanto agarimo. Ademais, isto ten un aliciente engadido, non só se recolle por recoller, senón que o fin último é comelo e, como cada ano, irá da terra á mesa das mans do noso alumnado.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación do proxecto.

Rematando a tempada.

5 de xuño. Día Mundial do Medio Ambiente.