Eco-Reto “LIMPAMOS”

 A proposta que nos entregaron para o mes de outubro foi a de “Limpamos”. Levamos anos facendo un percorrido pola ribeira do río Landro no que, ademais de aprender sobre flora e fauna da man de técnicos de Medio Ambiente da nosa contorna, aproveitamos para facer unha limpeza.

Cada anos caemos na conta da cantidade de plásticos, envases ou grandes obxectos que xa non teñen valor para a xente que van parar ás beiras do río ou ás súas augas. É moi importante que as pequenas xeracións que forman as nosas Comunidades perciban esta realidade como unha ameaza para o medio e non simplemente como unha realidade que non se pode cambiar. Dende o centro e, máis concretamente, desde o equipo de Voz Natura queremos que os ollos das persoas non se acostumen a ver o lixo como parte da paisaxe, queremos prender unha chispa de solidariedade coa Natureza, queremos que os nosos bisnetos e bisnetas se sintan orgullosos de nós.


No seguinte vídeo poderedes ver a nosa pequena aportación: unha xornada levada a cabo polo alumnado de 5º e 6º de primaria na que tivemos a sorte de contar coa compaña de Lucas Requejo, entusiasta ao que sempre estamos dispostos a escoitar.
Sigamos aprendendo dos nenos e nenas e mostrémoslle o mellor camiño a seguir.





Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.