PLANTANDO NO INVERNADOIRO
Despois dun primeiro momento de limpeza e preparación do terreo, tocaba plantar.
Coa chegada da primavera fomos enchendo o invernadoiro de plantas, unhas compradas e outras sementadas polos propios nenos e nenas coas sementes que levamos recollendo durante estes dous anos.
O invernadoiro foi mudando moito de aspecto. Este curso, ao non poderen xuntarse uns cursos con outros, os nenos e nenas baixan ao terreo cada 15 días. É moi gratificante escoitar as súas expresións de asombro cada vez que entran. Ver como en 15 días as plantas experimentan grandes cambios é moi satisfactorio para eles e elas. En nada levarán á cociña parte da súa colleita, comezando un novo ciclo no que terán que volver plantar e coidar para poder volver a recoller. Toda unha aprendizaxe de vida!
De seguro que haberemos ter algunha espiga para o próximo San Miguel.
Comentarios
Publicar un comentario