LIVE IN COMMON LAND
O curso pasado tiñamos programado que profesionais que traballan no proxecto Live in Common Land viñeran visitarnos ao centro. Por mor da pandemia esta actividade, como moitas outras, quedou truncada. Pero este curso puidemos levala a cabo. De novo volvéronse a poñer en contacto con nós, dándonos a oportunidade de poder acercar o seu proxecto aos nenos e nenas de terceiro e cuarto de Educación Primaria.
Durante a charla, o alumnado puido achegarse á serra atlántica do Xistral de maneira virtual, aínda que para moitos dos nosos nenos e nenas esta serra non é unha descoñecida, dada a súa proximidade ao núcleo de poboación no que viven. Coñecer o hábitat desta serra, as especies vexetais e animais que se poden atopar, foi moi enriquecedor para eles e elas. Ademais é unha maneira de poder tomar conciencia da importancia de coidar do noso, do entorno que nos rodea.
Aprenderon a relevancia da actividade que se está a levar a cabo para a loita contra o cambio climático, poñendo en alza o traballo tradicional realizado pola poboación local nas turbeiras e queirogais húmidos. Coñecer os beneficios do coidado desta serra para a eliminación do CO2, é vital para que as xeracións futuras continúen o labor levado a cabo durante anos polos homes e mulleres desta zona.
Foi moi gratificante poder contar con César e ..................., membros activos deste proxecto co que colabora a Universidade de Santiago de Compostela. Dicir que o alumnado quedou entusiasmado con todo o que lles contaron, coas dinámicas feitas e cos detalles que lles ofreceron. A valoración desta actividade foi, de maneira unánime, moi positiva, quedando con moitísimas ganas de poder vivencia in situ todo o aprendido.
Comentarios
Publicar un comentario