AS MÁSCARAS. “A ti xa te protexeu, agora protexe ti ao planeta”

 Desde a situación xerada pola Covid as máscaras convertéronse nun “complemento” esencial para a protección da nosa vida. O seu uso pasou de ser algo esporádico, vencellado a un grupo moi concreto da poboación, a ser algo que pertence ao día a día dos seres humanos de todo o planeta. Este feito fai que, inevitablemente, centos de miles de máscaras sexan empregados diariamente pola poboación mundial. Debemos empregalas para protexernos e protexer a vidas dos demais. O problema vén cando a maneira de desbotalas non é a axeitada. Desde marzo deste ano, desafortunadamente, as máscaras pasaron tamén a ser parte da paisaxe, podéndoas atopar tiradas polas rúas, montes, praias,... converténdose en novas trampas para os animais mariños e terrestres. Unha vez máis a Natureza se atopou de frente co ser humano, unha vez máis o ser humano pretende darlle as costas á Natureza.

Imaxe tomada durante un paseo polo monte. Setembro 2019

Desde o centro vimos a necesidade de poñer este problema sobre mesa. O noso alumnado buscou a maneira de chegar á Comunidade Educativa, en concreto, e a sociedade, en xeral, esta problemática, levando a cabo unha campaña de concienciación. Despois de ver os posibles problemas que podían vir acompañados pola maneira inadecuada de desbotar as máscaras chegaron a unha conclusión: antes de tiralas ao lixo habería que cortar ou arrincar as gomas, reciclándoas se é posible.
Deste xeito evitaríase que os animais se quedasen encerellados nelas. Iso si, despois de tiralas sempre

LAVAR AS MANS!





Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación do proxecto.

Rematando a tempada.

5 de xuño. Día Mundial do Medio Ambiente.