INVERNADOIRO I

 Este curso tamén queremos poñer o invernadoiro en funcionamento. Durante o primeiro trimestre foinos imposible traballar cos nenos e nenas, xa que o proceso de adaptación á nova situación fixo que todo fose un pouco máis lendo. Ademais, Ao regresar ás aulas despois de tanto tempo, atopamos todos os espazos que empregamos para o cultivo un pouco salvaxes. A Natureza aproveitou a nosa ausencia e fíxose co espazo.

Pero non foron só as plantas as que medraron á súa vontade. Cando regresamos atopamos moitos animais, aínda que ao notaren a nosa presenza desapareceron enseguida.

Durante o primeiro trimestre démoslle prioridade aos espazos dos máis pequenos e pequenas do centro, á horta de infantil e ao xardín da entrada. Nese momento fomos os mestres os que procuramos que o invernadoiro fose un lugar máis accesible para o alumnado de primaria. Pero xa non podiamos esperar máis. Os nenos e nenas levan moito tempo esperando por esta actividade, polo que non a demoramos. Levamos dúas semanas traballando, quitando pedras grandes, desherbando, movendo a terra e estercando. A terra xa está lista para recibir as nosas plantas. Este é o pequeno resumo do feito nas dúas primeiras semanas no invernadoiro. Pero xa veredes que este curso a cousa non acaba aí.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Presentación do proxecto.

Rematando a tempada.

5 de xuño. Día Mundial do Medio Ambiente.