PLANTANDO ESPERANZA

 Todos os anos, durante a primavera, o alumnado máis pequeno do centro pon en marcha o seu horto e cambia o xardín da entrada. Os tulipáns que plantaron no outono chegan ao seu fin dando paso a unha nova planta que nos acompañará ata final de curso. 

Este ano vimos truncadas estas dúas actividades. Cando marchamos para as nosas casas os tulipáns mostraban a súa mellor cara, foi case coma se estivesen esperando á soidade para poder murcharse. Por esta razón aínda non fixeramos o cambio. Non iamos cambiar algo tan fermoso.

A pesar de que esta fermosa imaxe impresa na nosa retina nos leva acompañando todo este tempo, non quería que vos quedarades sen poder plantar o pequeno xardín. Por esta razón,  aí vai a nosa proposta. 

Eu plantei ESPERANZA, porque teño a esperanza de que o próximo curso poidamos gozar coas mans na terra. E vós, que ides plantar?

Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.