ACIDIFICACIÓN DOS MARES

 Acabamos de regresar das vacacións e xa é hora de recargar as pilas. Este ano quedáronnos varios

 experimentos sen facer no segundo trimestre e non queremos deixalos atrás. As clases de terceiro e cuarto

 estiveron traballando moitísimo sobre a vida dos corais. Son uns verdadeiros expertos e expertas no tema,

 polo que tamén saben moito da acidificación dos mares e as súas consecuencias.


Agora queremos que todos e todas poidades observar como afecta este problema climático aos corais ou

 demais animais mariños con cunchas Só tedes que seguir os pasos. Podedes facelo en familia, investigar

 todos xuntos e mandar algún comentario sobre a vosa observación, xa sabedes, facer un audio, un vídeo,

 fotos, escribir algo… Iso si, mandade a información aos blogues das vosas aulas.

E lembrade, SOÑEMOS MARES TRANSPARENTES!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Limpeza río Landro feita polo alumando de 1o e 2o de primaria.

Educación Infantil Limpeza.

Rematando a tempada.