Entradas

LIVE IN COMMON LAND

Imagen
O curso pasado tiñamos programado que profesionais que traballan no proxecto Live in Common Land viñeran visitarnos ao centro. Por mor da pandemia esta actividade, como moitas outras, quedou truncada. Pero este curso puidemos levala a cabo. De novo volvéronse a poñer en contacto con nós, dándonos a oportunidade de poder acercar o seu proxecto aos nenos e nenas de terceiro e cuarto de Educación Primaria. Durante a charla, o alumnado puido achegarse á serra atlántica do Xistral de maneira virtual, aínda que para moitos dos nosos nenos e nenas esta serra non é unha descoñecida, dada a súa proximidade ao núcleo de poboación no que viven. Coñecer o hábitat desta serra, as especies vexetais e animais que se poden atopar, foi moi enriquecedor para eles e elas. Ademais é unha maneira de poder tomar conciencia da importancia de coidar do noso, do entorno que nos rodea. Aprenderon a relevancia da actividade que se está a levar a cabo para a loita contra o cambio climático, poñendo en alza o trab...

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Imagen
  O día 21 de marzo celebrouse o día Internacional dos Bosques e o día Mundial da poesía. Dúas celebracións, que parecen tan dispares, van collidas da man. A Natureza, en xeral, e os bosques, en particular, teñen inspirado a moitos dos nosos poetas e poetisas. É imposible contemplar algunhas das árbores centenarias dos nosos bosques e que non afloren sensacións, sentimentos, pensamentos,..., é imposible contemplar tanta beleza e que o noso corpo non experimente algún cambio, xa sexa físico ou no terreo das emocións. Desas sensacións falan moitos dos poemas dirixidos a carballos, castiñeiros, cerdeiras, piñeiros,..., da man de Manuel María, Rosalía de Castro, Uxío Novoneira, Eduardo Blanco Amor,..., e unha morea de autores máis que sentiron a necesidade de compartir cos seus versos o que a Natureza lles estaba inspirando. No noso patio temos a sorte de poder vivenciar, sentir, coidar e aloumiñar ás árbores que nos acompañan no noso camiño, árbores que van medrando e acompañan...

PLANTANDO NO INVERNADOIRO

Imagen
 Despois dun primeiro momento de limpeza e preparación do terreo, tocaba plantar. Coa chegada da primavera fomos enchendo o invernadoiro de plantas, unhas compradas e outras sementadas polos propios nenos e nenas coas sementes que levamos recollendo durante estes dous anos. O invernadoiro foi mudando moito de aspecto. Este curso, ao non poderen xuntarse uns cursos con outros, os nenos e nenas baixan ao terreo cada 15 días. É moi gratificante escoitar as súas expresións de asombro cada vez que entran. Ver como en 15 días as plantas experimentan grandes cambios é moi satisfactorio para eles e elas. En nada levarán á cociña parte da súa colleita, comezando un novo ciclo no que terán que volver plantar e coidar para poder volver a recoller. Toda unha aprendizaxe de vida! En canto ao exterior, este ano tamén nos está dando moito xogo. Están preparando un anaquiño de terreo para poder plantar o millo que nos pasou unha familia. O traballo fóra, con sachos dos de verdade gústalles moito, ...

EXPERIMENTANDO NA NATUREZA

Imagen
  Baixar ao invernadoiro tamén nos dá oportunidades para aprender e experimentar, por iso estes curso decidimos facer experimentos rodeados de Natureza. No mes de marzo comezamos a investigar sobre a compostaxe. Quixemos saber que materias se descompoñen con máis facilidade que cales non, como inflúen os restos orgánicos no crecemento dunha planta, valerá de algo o traballo que estamos a levar compostando os restos das nosas merendas? Haberémolo saber a final de curso.

O ENTROIDO. PREPARANDO O CAMIÑO

Imagen
 Este ano non quixemos deixar de lado o noso Entroido. Non puidemos levar a cabo algunhas das actividades que se viñan facendo no centro en anos anteriores, como o desfile pola vila ou os talleres coas familias. Sabemos que eses momentos son importantes para o noso alumnado, pero a situación na que estamos inmersos non o permitían. Pero si puidemos levar a cabo os disfraces co alumnado de Educación Primaria e fixemos unha pequena peregrinación. O campo de acción para o percorrido foi o patio do centro, podendo simular nel as distintas etapas do Camiño do Mar que cada curso está traballando. Outro ano máis a costura pasou a formar parte do noso micro mundo. Este ano, ao non poder xuntarnos coas familias elaboramos un vídeo titorial no que se explicaban os pasos a seguir para elaborar a capa de peregrino e tamén unhas instrucións en papel, para que as familias de Educación Infantil puidesen ter toda a información que lles permitise elaborar o disfrace, xa que elas serían as encargada...