O ENTROIDO. PREPARANDO O CAMIÑO

Este ano non quixemos deixar de lado o noso Entroido. Non puidemos levar a cabo algunhas das actividades que se viñan facendo no centro en anos anteriores, como o desfile pola vila ou os talleres coas familias. Sabemos que eses momentos son importantes para o noso alumnado, pero a situación na que estamos inmersos non o permitían. Pero si puidemos levar a cabo os disfraces co alumnado de Educación Primaria e fixemos unha pequena peregrinación. O campo de acción para o percorrido foi o patio do centro, podendo simular nel as distintas etapas do Camiño do Mar que cada curso está traballando. Outro ano máis a costura pasou a formar parte do noso micro mundo. Este ano, ao non poder xuntarnos coas familias elaboramos un vídeo titorial no que se explicaban os pasos a seguir para elaborar a capa de peregrino e tamén unhas instrucións en papel, para que as familias de Educación Infantil puidesen ter toda a información que lles permitise elaborar o disfrace, xa que elas serían as encargada...