DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES
O día 21 de marzo celebrouse o día Internacional dos Bosques e o día Mundial da poesía. Dúas celebracións, que parecen tan dispares, van collidas da man. A Natureza, en xeral, e os bosques, en particular, teñen inspirado a moitos dos nosos poetas e poetisas. É imposible contemplar algunhas das árbores centenarias dos nosos bosques e que non afloren sensacións, sentimentos, pensamentos,..., é imposible contemplar tanta beleza e que o noso corpo non experimente algún cambio, xa sexa físico ou no terreo das emocións. Desas sensacións falan moitos dos poemas dirixidos a carballos, castiñeiros, cerdeiras, piñeiros,..., da man de Manuel María, Rosalía de Castro, Uxío Novoneira, Eduardo Blanco Amor,..., e unha morea de autores máis que sentiron a necesidade de compartir cos seus versos o que a Natureza lles estaba inspirando. No noso patio temos a sorte de poder vivenciar, sentir, coidar e aloumiñar ás árbores que nos acompañan no noso camiño, árbores que van medrando e acompañando a