IGLÚ VEXETAL

O curso pasado quedáranos pendente montar o iglú vexetal, actividade que quixemos rematar este ano. Enseguida vimos unha oportunidade para que o noso alumnado puidese aprender novos contidos, neste caso matemáticos. Durante o primeiro trimestre levaron a cabo a maqueta do que ía ser a aula vexetal. Foron moitas as tarefas que houbo que facer, moitos cálculos ademais do traballo manipulativo que supuxo. Era a primeira vez que escalaban, que tiñan que levar a unha pequena superficie o proxecto que máis tarde farían real no patio do centro. Foi un traballo importante para eles e elas, poder materializar a estrutura viva do proxecto LUPO que acababan de construír, un anaquiño deles e delas quedaría para sempre nese lugar do centro. A montaxe tivo lugar en dúas fases, nunha primeira, facéndoa coincidir co bo tempo outonal, e unha segunda, que se levará a cabo na primavera, coa fin de conseguir que prendan a maior parte dos vimbios. A ver se hai sorte!