Entradas

“Porque un camiño mellor é posible”

Imagen
  Presentación do PDI para o curso 2020-2021 Comezamos o camiño. Temos por diante un curso moi longo cunha morea de tarefas pensadas para toda a Comunidade Educativa. Este ano imos traballar en torno ao Camiño de Santiago, pero imos facelo afondando nun camiño que nos queda moi preto, que sentimos como noso: “O Camiño do Mar”. Este camiño, que vai dende Ribadeo ata Neda, onde se incorpora ao trazado oficial do Camiño Inglés, é un pequeno descoñecido. Este curso queremos cambiar isto. Parécenos de vital importancia para a vida das comarcas que atravesa, tanto como recurso turístico e cultural como de fomento da vida saudable. Queremos mostrarllo a toda a Comunidade, pero queremos ir máis aló: queremos que pase a formar parte das rutas oficiais que van cara a Santiago. A súa paisaxe, vexetación, historia, arte, gastronomía,..., forman parte do noso patrimonio, patrimonio que debemos poñer en alza e dar a coñecer. Xa vedes, temos un duro, pero fascinante camiño por percorrer, poñend...

PLANTANDO ESPERANZA

Imagen
  Todos os anos, durante a primavera, o alumnado máis pequeno do centro pon en marcha o seu horto e cambia o xardín da entrada. Os tulipáns que plantaron no outono chegan ao seu fin dando paso a unha nova planta que nos acompañará ata final de curso.  Este ano vimos truncadas estas dúas actividades. Cando marchamos para as nosas casas os tulipáns mostraban a súa mellor cara, foi case coma se estivesen esperando á soidade para poder murcharse. Por esta razón aínda non fixeramos o cambio. Non iamos cambiar algo tan fermoso. A pesar de que esta fermosa imaxe impresa na nosa retina nos leva acompañando todo este tempo, non quería que vos quedarades sen poder plantar o pequeno xardín. Por esta razón,  aí vai a nosa proposta.    Eu plantei ESPERANZA, porque teño a esperanza de que o próximo curso poidamos gozar coas mans na terra. E vós, que ides plantar?

UN MAR PARA AS BALEAS

Imagen
 No terceiro trimestre tocábavos aos da clase de 3 o voso experimento relacionado co proxecto, neste caso era facer un mar para as vosas baleas. Non vos quixemos deixar sen poder levalo a cabo, polo que vos mandamos esta proposta. É un experimento sinxelo co que ides descubrir certas propiedades dos líquidos, ao tempo que facedes unha botella de relaxación coa que poderedes xogar. Pero tamén vos poñemos algún reto no vídeo. Non deixedes de velo e animádevos a facer o voso mar.

O INVERNADOIRO. SEGUNDO TRIMESTRE

Imagen
 Durante o segundo trimestre estivestes traballando arreo no voso invernadoiro. Coidastes os cultivos que xa había, recollistes o que xa estaba para comer, plantastes novas verduras, limpastes herbas e tivestes aos caracois ben vixiados. Os recreos dos martes e mércores convertéronse nun momento no que compartir con outros nenos e nenas ao tempo que se aprendían matemáticas, que se recitaban poemas a ritmo de rap ou que se repasaban contidos de Ciencias Naturais, e todo isto acompañado sempre dunha boa conversa. Así da gusto traballar! Parabéns.

CARTA DA TERRA.

Imagen
  Como xa sabedes, hoxe, 22 de abril, estamos celebramos o Día Internacional da Nai Terra. Hai xa medio século que se vén celebrando esta data. O seu promotor, o senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurou este día coa idea de crear unha conciencia común aos problemas ambientais que estaba sufrindo a Terra nese momento, coa idea de protexela. Cincuenta anos máis tarde seguimos con esta idea, vémonos na necesidade de lembrar a importancia das nosas pequenas accións na procura dunha mellor saúde para o planeta no que vivimos. Non deberiamos esquecer a idea de que a Terra non nos pertence, e que dependerá de cada un de nós que as nosas xeracións futuras poidan medrar e desenvolverse nela dunha maneira feliz e saudable. O vídeo móstranos unha carta da Terra dirixida a todos nós. Unha carta que reflicte o momento especial que estamos vivindo, na que, unha vez máis, a Terra nos tende a súa man á vez que nos pide que a respectemos e coidemos. Esperamos pronto poder sentila baixo os n...