Entradas

ENTROIDO 2020

Imagen
  Seguindo a liña que estamos levando no centro, neste curso decidimos manter ao plástico exiliado do noso Entroido. Puxémonos o dedal e démoslle á agulla e ao pedal. Non hai nada que se lle resista a un neno ou a unha nena que está implicado e motivado coa tarefa que se lle propón. O reto era dobre, por un lado coidar da Natureza e, polo outro, facer o propio disfrace coa axuda dos demais. E con demais refírome a todos e todas porque, cando de coser se trata, os mestres e mestras non somos só os que estamos cada día nun cole, son as avoas e avós, as nais, os pais, tías e tíos, e os propios alumnos e alumnas dos que cada día imos aprendendo. Outro ano máis conseguimos que o Entroido se convertese nunha festa na que compartir un proxecto común, ao tempo que enviamos unha mensaxe: podemos minimizar a nosa pegada ecolóxica, podemos aportar o noso pequeno grao de area na reducción do plástico no planeta, podemos mover conciencias e andar cara a unha maneira de vivir máis sostible. Porq...

INVESTIGACIÓN SOBRE OS PINGÜÍNS. Seguimos investigando

Imagen
  Despois, os nenos e nenas de segundo seguiron afondando no tema. Descubriron distintas clases de pingüíns, onde vivían, de que se alimentaban, como se organizaban, quen coidaba ás crías,…, foi unha investigación ben frutífera. Anímovos a coñecer un pouco máis aos pingüíns da súa man.

FESTA VOZ NATURA

Imagen
 Para rematar o proxecto de Voz Natura fomos á festa que se celebra na Coruña. Foi este fin de semana, o sábado 2 de xuño. O venres, tres das coordenadoras deste proxecto conxunto que levamos a cabo durante todo o curso, fomos á Coruña  montar a exposición para a Festa  que se celebraría o sábado. Quedounos moi chula. Mirade o resultado.     Tamén estivemos alí o sábado.  A ANPA do cole foi  cun grupo de nenos e nenas coas súas familias nun  autobús subvencionado por Voz Natura . Pasámos alí o día e a verdade e que o pasamos moi ben.               Outros nenos e  nenas tamén disfrutaron cos instrumentos.

Sacando as malas herbas…

Imagen
  Os pequenos e pequenas seguimos preparando o noso horto. Primeiro, e coma sempre, a profe Inés explícanos o que ímos facer, razoamos entre todos porqué é importante facelo e para qué ( porque agora somos casi expertos en coidados das plantas) e por último, e coa súa axuda e a das nosas profes,poñémolo en práctica. Non só preparamos a plantación durante días, semanas, senón que tamén temos conta de todos os coidados que o noso horto precisa, como neste caso. Adicamos as tardes da pasada semana, e aproveitando que os días tamén invitaban a estar fóra, para comprobar a nosa plantación e limpar o terreo e quitar as malas herbas.