ENTROIDO 2020
Seguindo a liña que estamos levando no centro, neste curso decidimos manter ao plástico exiliado do noso Entroido. Puxémonos o dedal e démoslle á agulla e ao pedal. Non hai nada que se lle resista a un neno ou a unha nena que está implicado e motivado coa tarefa que se lle propón. O reto era dobre, por un lado coidar da Natureza e, polo outro, facer o propio disfrace coa axuda dos demais. E con demais refírome a todos e todas porque, cando de coser se trata, os mestres e mestras non somos só os que estamos cada día nun cole, son as avoas e avós, as nais, os pais, tías e tíos, e os propios alumnos e alumnas dos que cada día imos aprendendo. Outro ano máis conseguimos que o Entroido se convertese nunha festa na que compartir un proxecto común, ao tempo que enviamos unha mensaxe: podemos minimizar a nosa pegada ecolóxica, podemos aportar o noso pequeno grao de area na reducción do plástico no planeta, podemos mover conciencias e andar cara a unha maneira de vivir máis sostible. Porque c